bretema.cloud
← Volver ao inicio

Privacidade, con claridade.

Esta páxina explica o funcionamento técnico da web de Bretema e o contacto por correo.

Navegación

A web serve páxinas e recursos estáticos. O seu código non incorpora cookies, almacenamento local, analítica, publicidade nin rastrexadores de terceiros. As tipografías son as do teu dispositivo e os recursos visuais alóxanse na propia web.

Rexistros do aloxamento

Para entregar a páxina, o provedor de aloxamento procesa datos de conexión como o enderezo IP, a data, o recurso solicitado e o axente de usuario. A conservación e o acceso a estes rexistros dependen do aloxamento configurado.

Contacto por correo

Se premes nunha ligazón de contacto ábrese a túa aplicación de correo. A web non recolle nin envía a mensaxe por si mesma. Non inclúas contrasinais, claves privadas nin certificados na túa primeira mensaxe.

Consultas

Para consultar o tratamento das mensaxes que nos envíes ou facer unha petición relativa aos teus datos, escribe a info@bretema.cloud.

info@bretema.cloud